Conectar, colaborar, compartir. No actual contexto social e económico, o emprendemento está a ser unha fonte fundamental de xeración de emprego e riqueza. Nese punto, xorde a importancia das  sinerxías e colaboracións para levar adiante proxectos empresiariais.

En Galicia, unha comunidade, con gran iniciativa emprendedora, debemos aproveitar esta posibilidades e que mellor que facelo co país veciño, Portugal, un lugar co que compartimos unas raíces e una visión do mundo semellantes.

Nese contexto poñemos en marcha o foro de emprendemento “Abrindo Fronteiras de Cambio”  o próximo 11 de xuño en Pontevedra para potenciar  o Programa de Emprendemento Xuventude Galicia-Norte de Portugal da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Esta  actividade pretende xerar lazos fortes entre emprendedores de ambos os dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e establecer intercambio de coñecementos e de intelixencia sen fronteiras. Para elo estarán presentes voces destacadas do panorama emprendedor e asociativo galego-portugués, haberá tamén una parte importante de inversores e os participantes terán oportunidade de facer un networking único.

Se eres emprendedor,   empresario ou inversor e queres ampliar o teu campo de traballo entre Galicia e Portugal, buscar novas oportunidades e medrar este é o teu foro.

Para apuntarte só tes que envíar un mail a gerencia@fegaxe.com ou chamar ao teléfono 608905804.

Podes consultar aquí o programa completo da xornada.

Copia de cartelABRINDOFRONTEIRAS.calidadbaja